Actualidade!

Os 29 Colexios Profesionais sanitarios de Galicia homenaxearán as víctimas da covid-19

Acordárono en unha reunión que se celebróu esta tarde na sede compostelana do Colexio Oficial de Médicos da Provincia de A Coruña

Será o 28 de xulio, as once da mañán, no Salón Noble do Pazo de Fonseca da USC  Santiago de Compostela, 30 de xunio de 2020

Os 29 Colexios profesionais sanitarios de Galicia, que aglutina a quince profesións, reuníronse, por primeira vez na súa historia, nun acto conxunto e decidiron, por unanimidade, organizar unha homenaxe as víctimas da covid-19, p 28 de xulio, as once da mañán, que terá como marco o Salón Noble do Pazo de Fonseca, cedido para a ocasión por o rector da USC, Antonio López.

A reunión, celebrada na sede de Santiago do Colexio Oficial de Médicos da Provincia de A Coruña, asistiron dentistas-odontólogos, dietistas-nutricionistas, enfermeiros, farmacéuticos, fisioterapeutas, hixienistas dentais, logopedas, médicos, ópticos-optometristas, podólogos, protésicos dentais, psicólogos, terapeutas ocupacionais, traballadores sociais e veterinarios.

A reunión foi presidida por o anfitrión da cita, Luciano Vidán, presidente do Colexio Médico da Provincia de A Coruña. O doctor Vidán afirmou que, dada a situación da pandemia, “o acto está orientado fundamentalmente ós medios de comunicación. Eles serán o gran altavoz que levarán o nóso mensaxe a millóns de cidadáns de Galicia e España”. E será un periodista quen actúe como presentador e maestro de ceremonias.

O acto consistirá na lectura dun manifesto, con dúas partes mui definidas: unha máis emocional, referida as víctimas: infectados, ingresados nos centros hospitalarios, internados na UCI, falecidos e familiares dos mortos, a atención que recibiron, a morte en soedade e as secuelas dos que superaron o proceso agudo. E unha máis técnica e científica: debut da pandemia, evolución, recursos humáns e medios materiais, situación actual e futuro (posibles rebrotes e secuelas en aqueles que, inicialmente, superaron a enfermidade),e peticións as administracións e a poboación.

O documento será leído por 29 representantes dos 29 colexios profesionais das catro provincias galegas que se sumaron ó evento. Ó modo de Día del Libro (no que distintos cidadáns leen nun acto público textos de O Quixote) o manifesto dividirase en parágrafos. O acto cerrarase con unha actuación musical, pendente de decidir.

Os colexios profesionais sanitarios pretenden que o evento sexa breve, solemne e austero, de acordo coas circunstancias. Por cuestións de seguridade, o número máximo de asistentes será de 100 persoas, para cumplir coas normas dictadas por a autoridade sanitaria.

A reunión, na que interviron distintos representantes das institucións colexiales, finalizou coa intervención do presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago


DOCUMENTACIÓN RELACIONADA


 
Go to Top
gl_ES