O Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia pon ao dispor dos seus colexiados un amplo catálogo de servizos deseñados para impulsar o seu desenvolvemento profesional, favorecer o acceso ao emprego e ofrecer apoio
integral no exercicio da profesión. Ser parte do Colexio significa contar con protección, formación, respaldo xurídico e unha rede de oportunidades pensadas exclusivamente para os hixienistas dentais galegos.

Todos os colexiados contan cun Seguro de Responsabilidade Civil Profesional obrigatorio e gratuíto, que garante o exercicio seguro da profesión conforme á normativa vixente.
A colexiación inclúe tamén un Seguro Colectivo de Decesos gratuíto, como mostra do compromiso do Colexio co benestar dos seus membros e as súas familias.


O Colexio ofrece asesoramento xurídico gratuíto a todos os colexiados a través do despacho de avogados do Colexio. Para solicitalo, só hai que cubrir o formulario dispoñible na web ou solicitalo ao correo info@hidegal.com. Unha vez recibido, será derivado ao equipo xurídico, que contactará directamente co colexiado.
O Colexio organiza de forma continua cursos, xornadas, congresos e reunións científicas de interese para hixienistas en activo e futuros titulados. Todas as formacións están impartidas por profesionais do sector e contan con prezos reducidos ou gratuítos para colexiados, ademais da acreditación oficial do Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias de Galicia.


Poñemos á túa disposición unha Bolsa de Traballo actualizada, onde poderás consultar e inscribirche facilmente nas ofertas de emprego dispoñibles no sector.
Dispós dun acceso directo desde nosa páxina de inicio
Na área privada da nosa web atoparás información exclusiva:


O Colexio mantén convenios activos con institucións públicas e privadas que achegan valor aos nosos colexiados, entre elas:
Estas alianzas reforzan a nosa presenza na sociedade e xeran beneficios
formativos, profesionais e económicos para os nosos colexiados.
Co obxectivo de dar visibilidade á profesión e combater o intrusismo laboral, o Colexio entrega a todos os seus colexiados unha placa identificativa oficial co seu nome, profesión e número de colexiado. O seu uso é obrigatorio en lugar visible
da indumentaria, conforme ao Decreto 12/2009, do 8 de marzo, sobre a autorización de centros e servizos sanitarios.


O Colexio facilita aos seus colexiados un selo automático personalizado cos seus datos e o logotipo colexial, para o seu uso profesional en informes, recomendacións, certificados ou documentación clínica.
A través de correo electrónico, web e redes sociais (Facebook e Instagram), o Colexio mantén informados os seus colexiados sobre cursos, eventos, noticias e todas as novidades que afectan o colectivo. Queremos que esteas sempre ao día e síntasche parte activa dunha profesión en constante evolución.

De outubro a maio:
De xuño a setembro: