Organización Interna

Quen somos? Coñécenos!

bt_bb_section_bottom_section_coverage_image

Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia
Grupos de traballo e Comisións

A continuación atoparás a descrición e os detalles de cada unha das comisións de traballo que puxemos en marcha no Colexio. Cada comisión está aberta á participación das persoas colexiadas interesadas e contará coa coordinación dun membro da Xunta de Goberno.
Comisión de Atención á Persoa Colexiada

Coordinadoras: María Del Valle Martínez y Loly Caamaño.

Mail:comisionatencioncolegiado@hidegal.com

Obxectivo: Canalizar as inquedanzas e propostas de mellora das persoas colexiadas, fortalecendo a proximidade e a atención personalizada do Colexio.

Posibles actividades e proxectos:

  • Recoller e analizar suxestións a través da caixa de correos de colexiados.
  • Coordinar enquisas de satisfacción para detectar oportunidades de mellora.
  • Propoñer e poñer en marcha novas ferramentas ou servizos de apoio para colexiados.
  • Organizar sesións informativas para resolver dúbidas frecuentes.
  • Facilitar a integración de novos colexiados mediante guías ou reunións de benvida.
Comisión de Periodoncia e Implantología

Coordinadora: Ainoa Vázquez.

Mail:: comisionperiodoncia@hidegal.com

Obxectivo: Fomentar a formación e a actualización continua en mantemento periodontal e coidado periimplantario, colaborando con especialistas e entidades vinculadas.

Posibles actividades e proxectos:

  • Organización de cursos e talleres sobre mantemento periodontal e implantolóxico.
  • Desenvolvemento de guías de actuación para a consulta clínica.
  • Colaboración con periodoncistas e implantólogos para formación e protocolos conxuntos.
  • Creación de material informativo para pacientes con enfermidade periodontal ou implantes.
  • Impulso á participación en congresos e xornadas científicas.
Comisión de Ortodoncia e Odontopediatría

Coordinadora: Diana Vidal.

Mail:: comisionortodonciaodontopediatria@hidegal.com

Obxectivo: Impulsar a formación específica e a participación en programas preventivos dirixidos a pacientes infantís e ortodónticos.

Posibles actividades e proxectos:

  • Charlas e talleres en centros educativos sobre hixiene bucodental na infancia.
  • Elaboración de materiais educativos para nenos e familias.
  • Colaboración con ortodoncistas para crear recomendacións prácticas.
  • Desenvolvemento de formacións para higienistas sobre hixiene durante a ortodoncia.
  • Deseño de campañas escolares e actividades de sensibilización.
Comisión de Prótese

Coordinador: Francisco Pardo.

Mail:: comisionprotesis@hidegal.com

Obxectivo: Mellorar a formación e a atención en pacientes portadores de próteses dentais, fomentando a colaboración con protésicos dentais.

Posibles actividades e proxectos:

  • Creación de guías prácticas para o mantemento de prótese removibles e fixas.
  • Talleres e cursos sobre coidado de prótese e rehabilitacións orais.
  • Colaboración con protésicos para elaboración de materiais informativos conxuntos.
  • Organización de sesións formativas con especialistas.
  • Xeración de contido divulgativo para pacientes
Comisión de Prevención e Saúde Pública Bucodental

Coordinadoras: Maite Pais y Loly Caamaño.

Mail:: comisionprevencionsaludpublica@hidegal.com

Obxectivo: Liderar campañas comunitarias e actividades de prevención para promover a saúde bucodental e o benestar social.

Posibles actividades e proxectos:

  • Participación en feiras, eventos comunitarios e campañas de saúde pública.
  • Deseño de materiais divulgativos e educativos para a cidadanía.
  • Coordinación de charlas e talleres en asociacións e centros de saúde.
  • Impulso a actividades de voluntariado e colaboración con ONGs.
  • Creación de alianzas con institucións sanitarias e sociais para campañas conxuntas.
https://hidegal.com/wp-content/uploads/2026/01/puzzle_verde.png

A túa participación é clave para que o noso Colexio siga crecendo e avanzando como comunidade profesional!

https://hidegal.com/wp-content/uploads/2025/09/logo-hidegal-black_pad.png
Horario de Atención

Horario habitual (Octubre a Mayo)

Horario de verano (Junio a Septiembre)

bt_bb_section_top_section_coverage_image
gl_ES